A Deputación de Ourense concederá a Medalla de Ouro da Provincia ao filólogo e etnógrafo Eligio Rivas

Desde la Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe – Vía Plata Ourense queremos animarte a que te adhieras al reconocimiento, iniciado por la Diputación de Ourense y promovido por nuestra asociación, a la excepcional y dilatada trayectoria de nuestro Presidente de Honra, D. Eligio Rivas Quintas, con el objeto de concederle la Medalla de Oro de la provincia, por sus importantes aportaciones en los ámbitos de la toponimia, la etimología y la lengua gallega, preservando e impulsando nuestra historia, nuestra lengua y nuestras tradiciones. A continuación te indico el enlace ubicado en la web de la Diputación para  que puedas formalizar tu adhesión:

http://www.depourense.es/index.php/component/chronoforms/?chronoform=formulario_Eligio_Rivas

Gracias por tu colaboración

 

Manuel Baltar afirma que o goberno provincial «recoñece e pon en valor as súas importantes achegas nos ámbitos da toponimia, a etimoloxía e a lingua galega, un tesouro cultural que Eligio Rivas soubo investigar, preservar e impulsar como poucos».

A Deputación de Ourense concederá ao filólogo e etnógrafo ourensán Eligio Rivas a Medalla de Ouro da Provincia. Así o deu a coñecer hoxe o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, trala reunión que mantivo co filólogo no Pazo Provincial, acompañado polos directivos da Asociación Cultural «Amigos da Vía da Prata» José Antonio Quintas e José Luis Rodríguez Cid, destacando que con este recoñecemento «rendemos homenaxe e poñemos en valor, aínda máis, as importantes achegas de Eligio Rivas nos ámbitos da toponimia, a etimoloxía e a lingua galega, un tesouro cultural que soubo investigar, preservar e impulsar como poucos, polo respecto á nosa historia, a nosa fala e ás nosas tradicións, que marcaron sempre a súa dilatada carreira profesional».

Baltar afirma que unha das principais obras de Eligio Rivas, o Diccionario Etimolóxico da Lingua Galega «é un dos mellores estudos sobre o léxico rural da nosa terra, traballo ao que hai que sumar unha prolífica obra que abrangue máis de medio século, con libros, estudos e proxectos de lexicografía, filoloxía, toponimia, historia e arte».

Eligio Rivas Quintas (Fondo de Vila, Xunqueira de Ambía, 1925), relixioso paúl, filólogo e etnógrafo, recibiu Premio Otero Pedrayo en 1980 pola súa obra A Limia, e foi tamén distinguido co Premio «Taboada Chivite» (1980) e coa a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2000). A Deputación de Ourense outórgalle a máxima distinción provincial «como homenaxe a unha forma de ser e de sentir o noso, de divulgar os mellores valores que nos singularizan como pobo e como país», expresa Manuel Baltar, afirmando que este galardón é tamén «o recoñecemento á nosa cultura, personificada en Eligio Rivas».

O presidente da Deputación de Ourense confirmou que o goberno provincial iniciará os trámites para a concesión do recoñecemento a Eligio Rivas, que se suma á destacada nómina de medallas de ouro da provincia de Ourense, na que figuran: o musicólogo Manuel de Dios, compositor do Himno de Ourense; Recaredo Paz, fundador de Aixiña; Xaime Quessada, artista plástico; o historiador e escritor Marcos Valcárcel; o grupo musical «Los Suaves»; e a título póstumo o escritor Carlos Casares, e o doutor Luis Rodríguez Míguez (neste caso pendente da entrega do galardón).

Eligio Rivas é licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1975) e doutor na mesma especialidade (1979). Especialista en Toponimia, a súa tese de doutoramento sobre esta materia e os seus traballos de investigación etimolóxica son un referente nos estudos universitarios referidos a esta temática. É membro da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia desde 1978 e fundador e presidente da Asociación Galega de Onomástica da Universidade de Santiago, así como correspondente da Real Academia da Historia.

Entre as súas obras e proxectos destacan a restauración da ermida de San Mamede; a creación da Aula da Natureza en O Caudillo; os traballos a prol da restauración do Camiño Mozárabe de Santiago, e a creación e restauración das pezas do Museo Etnográfico situado en Montemedo, Os Milagros.

Web Deputación de Ourense: https://goo.gl/WjLGtP